POSIBLEMENTE O MELLOR CÁMPING NAS RÍAS BAIXAS
Convidámoslle a descubrir a través destas páxinas un espazo ideal para as súas vacacións, nun Cámping de 1ª categoría en San Vicente do Grove. Nun enclave paisaxístico único no corazón das Rías Baixas e rodeados de preciosas calas, descubrirá o verdadeiro goce dunhas vacacións de acampada..
A gran calidade das nosas instalacións, xunto cunha coidada atención ao cliente, farán que a súa estancia en Cámping Paisaxe II sexa moito máis que satifactoria, estamos seguros que cando se marche quererá volver.
Non deixes que cho conten, ven e desfrútao!!
ALOXAMENTO
As instalacións ocupan unha superficie de 34.000 m² con 171 parcelas, con grandes zonas de acampada e 22 bungalós. Dispoñemos de diferentes tipos de parcelas segundo as súas dimensións e períodos, así lle garantimos que en Cámping Paisaxe II dispoñerá do tamaño de parcela que mellor se adapte á súa forma de acampar: tenda de campaña con vehículo, furgoneta, caravana ou autocaravana de grandes dimensións. Ademais, dispoñemos de 4 tipos diferentes de bungaló totalmente equipados para facer das súas vacacións en Cámping Paisaxe II unha experiencia diferente con todo luxo de detalles.
INSTALACIÓNS
As instalacións do Cámping están situadas nas calas de San Vicente do Grove (Pontevedra), en plena natureza e xunto á fermosa praia Area Grande galardoada coa Bandeira Azul Europea. Poñemos á súa disposición unhas coidadas instalacións, onde poderá relaxarse sen necesidade de desprazarse.
EXPERIENCIAS
Un clima suave séntese na península do Grove e na provincia de Pontevedra en xeral. Veráns de temperaturas magníficas nas Rías Baixas que contrastan con outras zonas de Galicia. O Cámping Paisaxe II é o lugar idóneo para unhas vacacións onde gozar tanto da tranquilidade como da diversión que che ofrece o entorno onde nos atopamos.
Este recuncho da Costa non deixa lugar ao aburrimento: Desde estupendas rutas en kaiak, rutas de sendeirismo, fermosas praias, deportes acuáticos, mergullo, golf… ou excursións ás próximas Illas Ons, Sálvora e Cíes. A hospitalidade e o carácter aberto do pobo galego, coas súas numerosas festas e tradicións gastronómicas, acompañarache durante a túa estancia.
ANIMACIÓN
No Cámping Paisaxe II tentamos preparar aos nosos clientes actividades de entretemento. Desde pequenas festas gastronómicas, diversos espectáculos en vivo e os mellores animadores infantís para unhas vacacións inesquecibles, porque un neno feliz é a principal motivación dos nosos animadores.
CAMPAMENTOS
Acollemos grandes grupos durante meses nas nosas instalacións. Con diferentes Programas levaremos a cabo uns días de Lecer onde os nenos e nenas desfrutarán ao máximo dunhas marabillosas instalacións con magníficos monitores. A través dos coñecidos Packs Golfiño, Raposa, Esquío, Xabaril e Píntega realizarán multitude de actividades lúdico-educativas, fomentaremos sempre actitudes de respecto co medio ambiente que nos rodea, xogos populares, divertidos e imaxinación.