BUNGALÓS

Bungaló Sálvora

O novo Bungaló Sálvora de Cámping Paisaxe II é un excepcional aloxamento de madeira para 5 persoas totalmente equipado ( sabas, vaixela, cubertos, cafeteira…) e amoblado. Toallas non incluídas.

Dispón de 2 cuartos, un cunha cama dobre e outro con liteira e cama individual. Baño completo cunha ducha para a maior comodidade e hixiene. Cociña con neveira, microondas e vitrocerámica. Salón con TV. Amplo porche-terraza e aparcamento xunto ao bungaló. Admítense mascotas neste modelo.

Bungaló TROPICAL

O modelo Tropical do Cámping Paisaxe II é dos mellores bungalós en Galicia, un modelo acolledor creado polo propio cámping localizado nun entorno ideal. Un aloxamento de madeira para 4 o 6 persoas totalmente equipado ( sabas, vaixela, cubertos, cafeteira…) e amoblado. Toallas non incluídas.

Dispón de 2-3 cuartos, dous con cama dobre e outro con dúas camas individuais. Baño completo con ducha para a maior comodidade e hixiene. Cociña con neveira-frigorífico, microondas e vitrocerámica. Salón con TV. Amplo porche-terraza con gran mesa e aparcamento xunto ao bungaló. Non se admiten mascotas neste bungaló.

Bungaló Mobil Home

Os modelos Mobil Home están localizados nunha preciosa zona do cámping, rodeados de céspede e boas sombras. A súa capacidade é de 6 persoas e estará totalmente equipado (sabas, vaixela, cubertos, cafeteira).. e amoblado. Toallas non incluídas.

Dispón de 3 cuartos, un con cama dobre e dous con dúas camas individuais cada un. Baño completo, con ducha para maior comodidade e hixiene. Cociña con neveira-frigorífico, microondas e vitrocerámica. Salón con TV. Amplo porche- terraza con gran mesa e mellores vistas, ademáis de aparcamento xunto ao bungaló. Non se admiten mascotas neste bungaló.