ALOXAMENTO

O noso cámping no Grove está situado nas praias de San Vicente, en plena natureza e xunto a fermosas praias salvaxes de area fina. As instalacións ocupan unha superficie de 34.000 m² e nelas diferéncianse claramente as distintas zonas de aloxamento: 22 bungalós, 171 parcelas e grandes zonas de acampada con frondoso céspede.

Zona de sombra en las parcelas de Camping Paisaxe

PARCELAS

Dispoñemos de tres tipos de parcela diferentes segundo as súas dimensións e períodos, así lle garantimos que en Cámping Paisaxe II dispoñerá do tamaño de parcela que mellor se adapte á súa forma de acampar: tenda de campaña con vehículo, furgoneta, caravana ou autocaravana de grandes dimensións.

  • Parcela normal (entre 60 y 70 m²)
  • Parcela longas estancias (entre 60 y 70 m²)
  • Zona de campamento
Fachada Bungalows Camping Paisaxe II

BUNGALÓS

Contamos con 3 tipos diferentes de bungalós totalmente equipados, nunha zona exclusiva dentro do cámping, para facer das túas vacacións no Cámping Paisaxe II unha experiencia diferente con moito detalle.

  • SÁLVORA (5 persoas)
  • TROPICAL (4/6 persoas)
  • MOBIL HOME (6 persoas)